fontes léxicas na lírica de Florencio Delgado Gurriarán

Date

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Abstract

Esta comunicación pretende contribuír ao coñecemento das fontes léxicas das que se nutre a lírica de Florencio Delgado Gurrriarán (1903-1987). Para este labor, baseámonos nos seus catro poemarios: Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas. Poemas 1934-1980 (1981) e O soño do guieiro (1986). Na escrita florenciana, xunto á singularidade do galego oral de Valdeorras, combínanse elementos da tradición literaria, da enxebrización e da depuración, a carón dalgúns recursos significativos como procedemento de formación de palabras. Deste xeito, o galego literario do poeta corgomés caracterízase, fundamentalmente, por ser unha lingua popular depurada de castelanismos e apoiada co recurso do portugués como proceso de enxebrización; marcada amplamente polos termos dialectais da comarca de Valdeorras e zonas estremeiras e polas formas específicas da súa contorna rural como peculiaridade; influenciada pola tradición literaria dalgúns dos nosos clásicos; reforzada coa presenza de estranxeirismos propios de linguas modernas europeas e de trazos do náhuatl de México, así como polos cultismos como elementos de depuración, e enriquecida, á súa vez, pola derivación mediante sufixación e composición como principais procedementos de formación de palabras. A seguir expóñense polo miúdo estas seis fontes léxicas no conxunto da súa obra poética.

Description

Citation